Descubrín que Alberto cambiou o nome do local estes últimos meses. Agora quere chamalo Algalia Café&Copas. Supoño que para remozar o ambiente e pasar páxina a cousas novas.
Porén, hai que recoñecer que a denominación anterior, Rhythim&Blues, está amplamente expandida por Compostela e ten sona polo seu ambiente de cachondeo. Así que, como innovación, agora estase a pensar o tema de que un mesmo local poida ter dúas denominacións: unha para mañá e tarde máis sosegada e tranquila e outra para as noites de copas e festas.
En todo caso, como xa sabedes, no Algalia Café&Copas ou no Rhythim&Blues vou a seguir tocando todos os mércores de marzo a iso das 22:30 horas. Anímovos a vir, a cantar, bailar e festexar e, se vos animades, a tocar un temazo como foi o caso dos meus amigos Iván Tarrío ("chica de froiz") e Roberto Sobrado, ("percebes ven!")no primeiro dos recitais e que animaron o cotarro de xeito sensacional.
Unha aperta fonda e xa sabedes, espérovos o mércores!!!!

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada