martes 9 de marzo de 2010

nova cobertura dos medios...


Nesta foto aparecen tres míticos que non faltaron o mércores pasado ao concerto: Paco Constenla, Fernando Mata e Roxelio Fernández. Ataviados cos seus complementos nocturnos ocasionais: a estrella galicia e o gintonic. Xusto colocados estratexicamente no Muro das lamentacións. Tres cracks indispensabeis!!!
Agora, ao tema do post....
Na actualidade a maioría das iniciativas modestas dependen para a súa difusión, case por completo, do espallamento social que tradicionalmente se coñece como "boca a boca". Supoño que non hai mellor selo de garantía da calidade dun espectáculo que o que che poida dicir sobre el un colega. A este proceso sumáronse hai uns anos as redes sociais dixitais: blogs, facebook, fotolog, tuenti ou twitter. Efectivamente, a gratuidade encuberta de blogs coma este ofrecen a todas as persoas a posibilidade de difundir as súas actividades e pensamento e tamén acceder á información a milleiros de cidadáns.


Porén, semella que os medios comunicación tradicionais (prensa, tv ou radio) seguen a ter unha relevancia maior. As actividades que teñen a sorte ou o privilexio de apareceren neles adquiren unha importancia amplificada e conquiren un grao de socialización máis amplo. Non sei cómo poderemos mudar esta situación de pseudomonopolio mediático da información (cos distintos niveis de manipulación que leva engadidos) pero semella que camiñamos neste sentido no bo camiño.


Todo este rollo que vos larguei é para dicirvos que hoxe pola tarde gravarei un programa de televisión nos estudios de Localia TV e que será emitido proximamente. Esta ocasión serve para promocionar os concertos dos mércores de marzo no Rhythim&Blues de Compostela a partir das 22:30h.


Agárdovos a todos!!!!


PD: supoño que hoxe, na nosa loita particular coa carta televisiva, teremos que adiar até as 23 horas o comezo...