domingo 21 de marzo de 2010


Quixera agradecer a todas as persoas que se achegaron aos concertos dos tres primeiros mércores de marzo. Aos que aínda non vos achegastes tedes a oportunidade nestas dúas últimas semanas do mes. Lembrade a cita é os mércores de marzo ás 22:30 horas no Rhythim&Blues (praza da Algalia de Abaixo).

Este pasado domingo a xornalista Alexandra Moledo publica en LVG unha reportaxe titulada "Con la música en vivo a otra parte". Fai un repaso do complexo camiño que ten tomado o panorama das actuacións en directo en Comopstela. Agradezo a oportunidade de paticipar pero non sei se case unha hora de entrevista telefónica quedou ben recollida en apenas dúas frases.

Finalmente, quero aproveitar a ocasión para expresar a miña satisfacción por como están a ser os concertos. O meu agradecemento pola resosta que me estades a dar. Sería moi difícil que isto saise adiante sen o voso apoio.

Apertas