Hola a todas e todos,
Despois de 4 mércores intensos de concertos (grazas a todos pola asistencia), este próximo mércores 31 de marzo poñemos punto e seguido aos directos composteláns.
Ímolo facer dun xeito orixinal e aproveitando ás circunstancias do día. Primeiro, porque co concerto deste mércores, inícanse os actos que Alberto ten programado para conmemorar o I Aniversario do Rhythm&Blues (podedes ver o cartaz na imaxe). Segundo, porque sendo véspera de festivo imos adiantar unha miga a hora do concerto (será a partir das 21:00h) para "aproveitar" o serán e entrar na noite xa cos deberes feitos. Terceiro, porque para tal evento vou intentar convocar a unha serie de artistas (uns que xa apareceron nestas noites pasadas e outros que non) para facer un recital máis heteroxéneo a modo de jam session de cantautores.
Así que xa sabedes, agardámosvos este mércores a partir das 21:00 horas para poñer fin (de momento) aos meus concertos no Rhythm&Blues e para dar comezo aos actos conmemorativos do I Aniversario do local.
Foi un pracer compartir esas noites con todos e todas. Pronto farei un resumo de novas...
Apertas sentidas

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada