lunes 26 de abril de 2010

Despedido, readmisión!!!


"Hai homes que loitan un día e son bos. Hai outros que loitan un ano e son mellores. Hai quen loitan moitos anos, e son moi bos. Pero hai os que loitan toda a vida, eses son os imprescindibeis."
Bertolt Brecht

Se cadra foi a través do "Sueño con serpientes" de Silvio que moitos coñecimos estes versos cargados de significado do Bertolt Brecht. Persoalmente, son versos que me teñen acompañado en moitas loitas e reivincacións ao longo destes anos. Como refuxio arquetipo volvo unha e outra vez sobre eles, quizais con frenética esquizofrenia, para coller folgos e para visualizar exemplos cidadáns conscientes que sen cansanzo posúen esa rara capacidade militante de estar sempre imaxinando faixas para outros mundos, dentro deste.

É o caso do meu amigo e irmán Paco Manrique. Foi vítima da represión máis rastrera e canalla na empresa Xade, que xestiona as instalacións deportivas no Concello de Santiago. Despois de anos de loita e compromiso, foi despedido do xeito máis cruel e vulgar pola xerencia, coa connivencia e beneplácito do alcalde de Compostela. Tendes máis información deste sucedido e de todos os anos de loita en www.xadesolidariedade.blogspot.com/

Por iso, cando Paco envía un dos seus correios electrónicos, sabes que na túa caixa de entrada o que tes é un convite a manifestarte, a exercer rebeldía, a non claudicar. E por iso, tamén, agradézolle a súa loita e entrega, a súa capaciddade de estar sempre removendo consciencias.

PRÓXIMA CONCENTRACIÓN DE PROTESTA XOVES 29 DE ABRIL ÁS 20H. DIANTE DO MULTIUSOS DE SAR

Bicos

2 comentarios:

tudobem dijo...

Muito obrigado companheiro. Um saúdo, Paco

O Garcia do Outeiro dijo...

Todo o meu apoio para umha causa tam nobre. Que a crise a paguem os ricos e nom a classe trabalhadora.