
...en este país si dices que tus referencias son Bob Dylan, Neil Young, Jonni Mitchell o Donovan eres un tipo cool. Si dices que tus referencias son Paco Ibáñez, Serrat, Silvio, Aute o Pablo Guerrero eres un nostálgico, un anacronismo musical.
Ismael Serrano
Estou, estes días, tratando de dar os últimos retoques a algunhas novas composicións. Despois haberá que ensinar paseniño o material para ver cómo (a)senta. Primeiro aos máis próximos (compañeiros e irmáns), despois a posibeis productores e facedores de música e por último, á coleitividade.
Levaba tempo cavilando en darlle un aire distinto ás miñas cancións. Cando digo distinto refírome a fuxir das etiquetas e a buscar o que se consideran actualizacións, se cadra buceando no universo do pop. En mente apañar unha guitarra acústica e non me centrar tanto nas cordas de nylon. Compoñer pezas máis curtas que sexan directas para non agotar ao que escoita.
Porén, supoño que non estou feito para satisfacer eses obxectivos. Coido que non me podo considerar un disciplinado nesa disciplina. O que algúns consideran "ranciadas", para min constitúen excusas perfectas para deitar versos con música sobre un padel. Tamén, intúo que os meus dedos non están afeitos ao arpexio áspero da acústica, aínda que recoñezo que debezo por unha.
Non sei qué sairá como resultado de todo isto, nen se eu tamén estou encadrado no contexto do "anacronismo musical". Escribo o que gosto de escribir, o que penso que pode aportar fendas para denunciar a perversión da realidade. Experimentar a simbiose entre a vivencia persoal e a realidade coleitiva.

5 comentarios:
Visite www.lengua-libre.blogspot.com
Filosofía, letras y otros males de menor importancia.
Chiquillo como andamos??? Espero poder escuchar esas nuevas canciones.
Un muxu enorme Maitane.
P.D: Que grande Ismael que razón tiene en esa reflexión.
Estaba escoitando Jorge Cafrune e pensei o mesmiño-o
:)
Ti tranquilo que ao passo que imos o de anacronismo vai ser um piropo. Com outra greve geral havemos de ser primitivos, terroristas, fanáticos, ... mais ti da-lhe que sempre quedaremos uns nostálgicos para berrar ao redor de umha guitarra.
Publicar un comentario en la entrada