jueves 14 de abril de 2011

CONCERTO CANCELADO


Ola a todos!

Lamento comunicarvos que o concerto que tiña previsto para hoxe, xoves 14 de abril, foi cancelado por problemas administrativos do local no que ía ter lugar.

A alternativa era realizar o concerto no local contiguo (PUB), pero non se dan as condicións mínimas de sonoridade, disposición e comodidade para o público.

Así que lamento moito esta nova porque tiña moitas ganas de estar un anaco con todos vós.

Prometo non errar na próxima ocasión.

Un aperta