Velaquí unha imaxe do recital no que tiven a ocasión de participar onte -xunto con Pepe Cáccamo, Miguel A. Fernán-Velho e Lucía Novas- durante a celebración da II Xornada de Verán do EI en Bueu, concretamente nas instalacións do Museo Massó ao carón da única embarcación xeiteira que se conserva.
Tamén intervíu O compañeiro Xosé Novas Piñeiro, primeiro alcalde democrático da vila, que dirixiriu aos participantes unhas palabras en lembranza e homenaxe a Johán Carbalheira, alcalde de Bueu fusilado no 36.
Aínda que o día non era propio da altura do ano, a verdade é que o ambiente xerado polos asistentes foi abondo cálido como para termos unha xornada de irmandade dende ben cedo coa viaxe pola ría de Pontevedra en balandro, pasando pola visita ao Museo Massó e o posterior recital e, finalmente, cun xantar de fraternidade.
O día rematou, tras visita ao estaleiro do Purro, cunha charla do Beiras que foi moi concorrida.
Parabéns á irmandade do Morrazo polo esforzo e o traballo!

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada